LIMIAR

Durante o curso 2019-2020 celebramos a XVI edición da carreira escolar “Kilómetros de Solidariedade”, correndo polos dereitos dos nenos e nenas rohingya. Un grupo étnico descoñecido pola maioría de nós que vive unha situación de total vulnerabilidade nun campo de refuxiados de Bangladesh, após fuxir masivamente de Myanmar, a súa patria.

Nesta publicación poderedes coñecer algo máis da súa historia e, sobre todo, da súa vida e das dificultades que confrontan diariamente, especialmente os menores, os máis vulnerábeis.

Tamén vos recomendamos visitar a nosa web, onde poderedes atopar recursos audiovisuais (vídeos, fotos) e, particularmente, testemuñas que vos permitirán coñecer e poñerlle cara á traxedia e ensinarlles aos vosos alumnos e alumnas quen son os nenos aos que van axudar.

Felices Kilómetros de Solidariedade

ROHINGYA: UN NOME DIFÍCIL DE PRONUNCIAR, UNHA HISTORIA DIFÍCIL DE CONTAR

QUEN SON?

O rohingya é un pobo de case un millón de persoas que moraba no norte do estado de Rakhine, en Myanmar. Falan a lingua rohingya, un dialecto bengalí, e son de relixión musulmá nun estado budista. Myanmar négalles a cidadanía por consideralos inmigrantes bengalís e non birmanos malia levaren séculos vivindo no seu territorio. Son unha das minorías étnica e relixiosa máis perseguidas do planeta.

Após anos de persecución e guerra entre o goberno militar birmano e a milicia rohingya, un ataque dos milicianos aos militares en agosto de 2017 resultou nunha represalia extremadamente violenta do exército contra todo o pobo que provocou a fuxida masiva da poboación á veciña Bangladesh. Escapaban coa roupa posta, percorrendo longas distancias a pé, por terreos arrasados, xunglas e montañas. O último atranco era o río Naf e chegar á zona de Cox’s Bazar, en Bangladesh. Os que non sabían nadar morrían.

O relato dos que chegaban ao campo de refuxiados de Cox’s Bazar é terríbel. Episodios de extrema violencia, con casos de asasinatos, incendios de casas e abusos sexuais contra persoas adultas, mozos e nenos.

Hanida vivía coa súa familia nunha das aldeas atacadas en Myanmar. Non pasou moito tempo desde que comezaron a sentir a ameaza sobre a súa comunidade ata que se desencadeou a violencia: incendiaron e saquearon as casas, derribaron os valados e dispararon indiscriminadamente mentres trataban de acurralar a xente.

“Nunca marcharía do meu país por propia vontade. Alí tíñao todo, a miña casa, a miña granxa, as miñas vacas, todo. Pero tiven que marchar. Levaron os maridos e os homes. Algunhas veces os homes regresaban, non sempre. Tiñamos medo e tivemos que marchar. Se non for por isto, eu seguiría no meu país”

Os rohingya non querer retornar a Myanmar ata os seus dereitos e as condicións seren seguras. Entrementres, os nenos e nenas necesitan ter acceso á ensinanza nos campamentos, unha alimentación saudábel e atención sanitaria.

Sen o estado de refuxiado legal non poden traballar en Bangladesh, os máis pequenos non poden ir á escola formal e son susceptíbeis de sufriren abusos e violencia. Son familias sen futuro e dependen das organizacións humanitarias para sobrevivir.

O CAMPO DE REFUXIADOS MÁIS GRANDE DO MUNDO

Cox’s Bazar, en Bangladesh, é un campo de refuxiados no que o 55% son menores.

A dependencia da axuda humanitaria é total e os problemas e necesidades multiplícanse. A situación de superpoboación e insalubridade facilita a propagación de doenzas e as baixas temperaturas son perniciosas para a saúdes dos máis novos. Comida, auga potábel, refuxio ou acceso á atención sanitaria son esenciais para todas as persoas do campo.

Moitos nenos chegaron sós, traumatizados e famentos após ver morrer os seus familiares. A súa vida no campo de refuxiados é sempre moi difícil.

“Pasei moito medo cando lle prenderon lume á nosa vila. Quería fuxir a un lugar seguro. Ao principio tentamos cruzar o río, pero non tiñamos cartos, así que non puido ser. Despois pedímoslle axuda a outra persoa que viña nun bote de Bangladesh e deixounos pasar sen pagarlle nada. Agora paso moito medo e choro cando vexo xente co uniforme do exército”.

Razia

VIVIR NUN CAMPO DE REFUXIADOS NON É SINXELO

SAÚDE E NUTRICIÓN

Os nenos e nenas son máis vulnerábeis, viven con maior precariedade, confrontan situacións de fame, doenzas da pel, problemas respiratorios, diarreas por consumir auga en mal estado e estrés derivado das súas vivencias.

PROTECCIÓN

Moitos nenos e nenas realizan tarefas domésticas como recoller leña ou auga en condicións moi malas, con choiva e percorrendo grandes distancias. Os menores, en especial as nenas, teñen medo de seren asaltados e sufrir algún tipo de violencia. As zonas de baño do campamento non teñen privacidade e as nenas teñen medo de ir soas.

EDUCACIÓN

As condicións do campo e a falta de espazos axeitados vai en detrimento da educación de todos os nenos e nenas, non hai zonas de xogo que lles permitan superar os traumas vividos e a superpoboación é un factor que tampouco xoga a prol da a educación.

Os menores non acompañados, os bebés que nacen no campo e os menores de 5 anos son os grupos máis vulnerábeis.

“Non me gusta que os homes me vexan ir ós baños e tampouco hai espazos privados para as nenas e mulleres bañármonos”.

Rehana

LAS NECESIDADES MÁS URGENTES

  • O 100% da poboación necesita asistencia alimentaria.
  • 453.000 cativos e cativas non teñen acceso a ningún tipo de educación.
  • 36.000 familias necesitan un sitio seguro onde refuxiarse.
  • 62.811 menores de cinco anos necesitan tratamiento para su desnutrición.
  • 120.000 mulleres embarazadas e lactantes necesitan complementos nutricionais con urxencia.
  • 36.373 menores que están sós necesitan protección.

QUE ESTÁ FACENDO SAVE THE CHILDREN?

Bangladesh ten unha poboación de 160 millóns de persoas e é un dos países máis pobres de Asia. Non ten a capacidade nin os recursos para responsabilizarse dos refuxiados rohingya.

Desde Save the Children:

  • Ofrecemos refuxio de emerxencia, comida e utensilios de cociña básicos desde que chegan ao campo de refuxiados; de feito, ata o de agora xa levamos atendido a máis de 30.000 familias.
  • A nosa unidade sanitaria para emerxencias dispón dun equipo médico, enfermeiros e forenses expertos, ofrece asistencia sanitaria, nutricional e de hixiene e traballa para evitar o esparexemento das doenzas. Diriximos nove centros de saúde de atención primaria en Cox’s Bazar. Tamén estamos a traballar en novas áreas para nais e bebés onde se realizan os tratamentos e o seguimento para os casos de desnutrición grave.
  • Máis de 30.000 familias recibiron artigos de hixiene co fin de evitar o esparexemento de doenzas e trabállase na instalación de máis de 500 latrinas.
  • Artellamos sistemas de protección para os nenos e nenas que chegan sós ou que perderon as súas familias. Dispoñemos de 86 espazos seguros para a infancia onde os menores van xogar. Temos en funcionamento 110 centros de ensinanza temporal nos que se reparte material escolar e se dan aulas a máis de 10.000 nenos e nenas.

Save the Children está presente en Bangladesh desde 1970 e levamos traballando na crise rohingya desde 2012 en Cox’s Bazar.